CoLe De MaIoReS

13.09.2013 00:00

Chegou o dia... Papi e Mami din que xa son maior, xa teño 3 anos!! polo que teño que deixar o cole dos bebés para ir o cole dos maiores. Estou entusiasmada e asustada porque non sei o que vai a pasar. Preparamos a mochila co meu mandilón novo e coa merenda e... alá imos!! Mami e Papi saudan as profes con alegria, os maiores parecen moi contentos pero...cantos somos!! Somos moitos nenos!! Pero non todos parecen tan contentos coma os papis, uns agárranse a mami, outros a papi....outros xogan, uns rin, outros choran... miramos uns para outros algo descofiados xa que non nos coñecemos e...que vergoña teeeeño!!

Imos facer a fila para entrar!!! A profe canta.... "o tren de Martiño chu chu chu...vai polo camiño chucuchucuchuuu!..." Xa viaxamos cara a nosa clase de maiores...que bonita!!!! hai moitas fotos nosas por todos lados, están nas mesas, nas perchas, no caixón onde gardamos as fichas, nun debuxo do cole... Tamén hai xogos, moooitos contos na biblioteca, libros de fichas, bonecas na cuna, coches cunha pista de varios pisos, pezas para facer castelos enormes, puzzles de moitas formas e cores, unha pizarra... pero...séguense escoitando nenos que choran, nenas con mocos, nenos contentos, nenas xogando, nenos con ganas de facer pis, outros petrificados... pero, todos quedamos abraiados cando a profe se pon a cantar. Sentamos todos xuntiños na alfombra. Aaala!! cantas cancións sabe!!! E os contos... son chulísimos!!!

Cantamos, xogamos, traballamos.... o tempo pasou voando!!, a profe di que os papis xa stán fora esperándonos asique saimos todos mooooi contentos. Moi contentos por ver ós nosos papis e moooi contentos porque o pasamos xenial e porque mañá imos volver.

Creo que me podo acostumar a eso de ir ó cole de maiores!!!!

—————

Volver