OS PITIÑOS...BUSCABAN UNHA ESTRELA
E CANDO A ATOPARON,
BAILARON CON ELA!!
LAIRALARALARÁ
A QUEN QUERES TI ALUMEAR?
O NENO QUE XA NACEU,
NESTA NOITE DE NADAL.
—————
QUE OS MÁIS PEQUENOS O ENTENDAN...PODE SER UN GRAN PASO!
—————
OLA NENOS SON O SOL,
PERO XA NON DOU CALOR.
SOPRA O VENTO E VAI FRIO,
XA ESTÁ AQUÍ O MEU AMIGO.
SON O OUTONO, NON O VES?
VOUCHO DICIR OUTRA VEZ.
OLA NENOS SON A FOLLA,
VOU CAENDO E DANDO VOLTAS.
CAIO E CAIO SEN PARAR,
PORQUE ME SOLTEI DA POLA.
SON O OUTONO, NON O VES?
VOUCHO DICIR OUTRA VEZ.
—————
Saaaamaaaín, o misterio chega co Samaín
as cabazas, os morcegos,
bruuuxas polo ceo!!!
O misterio chega co Samaín.
https://www.youtube.com/watch?v=UWClF9yZRtU
Tumbas por aquiiiiiiiiiiii, tumbas por allaaaaaaaaaaaaa!!
Tummbas, tummmbas
jajajajaja!!!
www.youtube.com/watch?v=oiO4uG5IX78
—————
Todos os dias merendamos no cole! uns dias froita, outros bocata, galletas, yogur... variamos moito!! Para non manchar a mesa coa merenda e para non manchar a merenda coa mesa, fixemos uns manteis moi chulos, para isto precisamos:
Mirade que ben nos quedaron!!!
—————
Chegou o dia... Papi e Mami din que xa son maior, xa teño 3 anos!! polo que teño que deixar o cole dos bebés para ir o cole dos maiores. Estou entusiasmada e asustada porque non sei o que vai a pasar. Preparamos a mochila co meu mandilón novo e coa merenda e... alá imos!! Mami e Papi saudan as profes con alegria, os maiores parecen moi contentos pero...cantos somos!! Somos moitos nenos!! Pero non todos parecen tan contentos coma os papis, uns agárranse a mami, outros a papi....outros xogan, uns rin, outros choran... miramos uns para outros algo descofiados xa que non nos coñecemos e...que vergoña teeeeño!!
Imos facer a fila para entrar!!! A profe canta.... "o tren de Martiño chu chu chu...vai polo camiño chucuchucuchuuu!..." Xa viaxamos cara a nosa clase de maiores...que bonita!!!! hai moitas fotos nosas por todos lados, están nas mesas, nas perchas, no caixón onde gardamos as fichas, nun debuxo do cole... Tamén hai xogos, moooitos contos na biblioteca, libros de fichas, bonecas na cuna, coches cunha pista de varios pisos, pezas para facer castelos enormes, puzzles de moitas formas e cores, unha pizarra... pero...séguense escoitando nenos que choran, nenas con mocos, nenos contentos, nenas xogando, nenos con ganas de facer pis, outros petrificados... pero, todos quedamos abraiados cando a profe se pon a cantar. Sentamos todos xuntiños na alfombra. Aaala!! cantas cancións sabe!!! E os contos... son chulísimos!!!
Cantamos, xogamos, traballamos.... o tempo pasou voando!!, a profe di que os papis xa stán fora esperándonos asique saimos todos mooooi contentos. Moi contentos por ver ós nosos papis e moooi contentos porque o pasamos xenial e porque mañá imos volver.
Creo que me podo acostumar a eso de ir ó cole de maiores!!!!
—————
Miña boca que te abres
con ganiñas de te abrir,
ou é sinal de que tes fame?,
ou é que queres durmir?.
—————
—————
Elementos: 1 - 7 de 7